Rueda descarta un adianto electoral a maio de 2023 en Galicia: "Hai moitas cousas que facer"

Lembra que iso foi "sempre o que se fixo" en Galicia nas lexislaturas anteriores, con Feijóo como presidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, descartou un adianto das eleccións galegas a maio de 2023, para facelas coincidir con outras autonomías e coas municipais. "Hai moitas cousas que facer, aínda estamos a metade de lexislatura", explicou.

Así respondeu Rueda ao ser preguntado, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, sobre os seus plans electorais tendo en conta as previsións do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, ante un eventual adianto dos comicios xerais a maio do 2023.

Deste xeito, sobre se el tamén optaría por un adianto, xa que en principio as galegas tocarían para o verán de 2024, o presidente da Xunta insistiu en que a súa "previsión é cumprir os compromisos" e facelo "en tempo". De feito, Rueda xustificou que iso foi "sempre o que se fixo" en Galicia nas lexislaturas anteriores, con Feijóo como presidente.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello do 9 de xuño de 2022.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello do 9 de xuño de 2022.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta