Os contratos indefinidos triplícanse no que vai de ano en Galicia e xa superan os 100.000

Representan o 4% do total do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 100.563 contratos indefinidos no que vai de ano --no que entrou en vigor a nova reforma laboral--, case o triplo máis que no mesmo período de 2021, cando se computaron 34.932, segundo un estudo de Randstad de datos procedentes do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Este incremento porcentual do 187,9% que se computa en Galicia de contratos indefinidos no cinco primeiros meses de 2022 é inferior en 30,8 puntos á medida estatal (218,6%). Representan o 4% do total do Estado. Os contratos indefinidos supoñen o 29,6% de todos os que se asinaron en Galicia no que vai de 2022, segundo este mesmo estudo.

Por provincias, Pontevedra rexistrou a maior subida respecto ao 2021 (219,8%), seguida de Ourense (191,3%), A Coruña (168,8%) e Lugo (167,3%). No que se refire a volumes, A Coruña anotou o maior número de contratos indefinidos, con 42.879; seguida de Pontevedra (37.946); Lugo (11.074) e Ourense (8.664).

DATOS ESTATAIS

O número de contratos indefinidos asinados nos cinco primeiros meses rozou a cifra de 2,5 millóns en España, tres veces máis que os realizados no mesmo período do ano pasado (784.041), segundo este informe de Randstad.

En comparación co período xaneiro-maio de 2021, a contratación indefinida creceu un 218,6% nos cinco primeiros meses deste ano, o que supón que se multiplicou por máis de tres. Un de cada tres contratos subscritos ata maio foi indefinido, mentres que no mesmo período do ano pasado esta proporción só era dun de cada dez.

"Estamos a comprobar como a entrada en vigor da reforma laboral está a ter resultados positivos para o mercado laboral, xa que, na maioría das ocasións, os empregadores están a poder cubrir a mesma necesidade con outro formato de contrato, de modo que se dan contratos de máis longa duración que en anos anteriores", resaltou Valentín Bote, director de Randstad Research.

De feito, manifestou a súa previsión de que en determinadas actividades e sectores, como na actual campaña de verán, as empresas recorran ao contrato fixo descontinuo para responder a necesidades temporais. Por sectores, o maior incremento da contratación indefinida nos cinco primeiros meses do ano experimentouno a agricultura, cun avance do 368,5%, seguido da construción, cun 286,4%. Con aumentos máis moderados aparece o sector servizos (+213,3%) e a industria (+126,1%).

En valores absolutos, o sector servizos é o que máis contratos indefinidos asinou ata maio, máis de 1,8 millóns, mentres que o resto oscilou entre os 200.000 e os 250.000 contratos. A pesar de entrar en vigor a finais de decembro, a reforma laboral contemplaba un prazo de tres meses de adaptación ás novas fórmulas de contratación. Deste xeito, o pasado 31 de marzo, deixou de existir o contrato de obra ou servizo, un dos máis estendidos no mercado laboral español.

Traballadores nun obradoiro de emprego . INE
Traballadores nun obradoiro de emprego . INE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Chámense indefinidos o tema seguirá a ser manter un emprego que che permita vivir con dignidade... De pouco podemos presumir con salarios que a pénas cubren a inflación disparada 12% (?) Non sei se teremos que ser felices como "camareiros" fixos~discontínuos (de Verán a Nadal e logo a Semana Santa) ? Así non imos despegar na vida...