A Xunta conxela os prezos das matrículas universitarias por duodécimo ano consecutivo

Destaca que Galicia ten os prezos máis baratos tras Canarias.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que os prezos das matrículas universitarias conxelaranse para o curso 2022-23, o que supón o duodécimo ano consecutivo. Neste sentido, os prezos medios de todas as matrículas nas tres universidades públicas mantéñense invariables en 11,89 euros por crédito, tal e como ocorría ata agora, con base no decreto de prezos públicos aprobado polo Consello da Xunta. Son un pouco máis de catro euros menos que a media española, de 16,13 euros por crédito. O Goberno galego destaca que Galicia ten os prezos máis baratos tras Canarias.

Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade, antes de dar comezo a proba nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Segundo a estimación da Xunta, esta medida suporá un aforro ás familias de 18,7 millóns. Permitirá aforrar 260,4 euros por curso nos graos, 513 euros por curso nos másteres habilitantes e 995,40 euros por curso no resto de másteres universitarios.

"Buscamos garantir a igualdade de oportunidades no acceso á universidade de todas as persoas e apoiar ás familias galegas para que teñan que facer un menor esforzo económico para custear os estudos dos seus fillos", afirma Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta