Arde unha lancha na Illa de Arousa ao ser alcanzada por unha bomba de palenque das festas

Non se rexistraron danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2022 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Unha bomba de palenque das festas da localidade pontevedresa da Illa de Arousa provocou un incendio no interior dunha lancha que se atopaba fondeada nas proximidades do porto do Campo, sen que se rexistrasen danos persoais.

Os feitos tiveron lugar sobre as 13,00 horas deste domingo e, segundo a información trasladada polo 112 Galicia, varios veciños suxeitaron a lancha á rampla do Porto do Campo e sufocaron as chamas con extintores. Así mesmo, a mesma fonte sinalou que a embarcación se mantivo á boia e descartouse que se producise ningún tipo de vertedura.

Ademais dos Bombeiros de Vilagarcía e da Policía Local, que se desprazaron ata o lugar alertados por varios particulares, o 112 Galicia informou os feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo.

Praia de Area da Secada, na Illa de Arousa
Praia de Area da Secada, na Illa de Arousa | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta