Os prezos industriais dispáranse en Galicia un 48,1% en maio, polo incremento do prezo da enerxía

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 27/06/2022 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Os prezos industriais disparáronse en Galicia un 48,1% en maio, se se compara co mesmo mes de 2021, polo gran incremento do prezo da enerxía, segundo datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, esta cifra subiu en Galicia un 1,4% respecto de abril e sitúase por encima da media estatal, xa que no total de España os prezos industriais aumentaron un 43,6% entre maio do exercicio pasado e este ano. En concreto, foi a enerxía a que disparou o seu prezo en Galicia, cun 125,1% máis en maio que hai un ano, mentres que os bens de consumo tamén incrementaron o seu custo un 10,3%, así como os bens de equipo (+5,1%) e os bens intermedios (27,9%).

No último mes, a enerxía aumentou o seu prezo un 0,8%, mentres que os bens intermedios subiron un 2,3%, e os de consumo un 1,2%. Tamén os bens de equipo aumentaron o seu custo un 0,9%.

DATOS ESTATAIS

Fábrica de Ferroatlántica (Ferroglobe) na Coruña. FERROGLOBE
Fábrica de Ferroatlántica (Ferroglobe) na Coruña. FERROGLOBE

A nivel nacional, os prezos industriais subiron un 0,9% o pasado mes de maio en relación ao mes anterior e disparáronse un 43,6% en taxa interanual. No entanto, esta taxa moderouse nove décimas respecto da rexistrada en abril, segundo informou este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta