Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 11:25
Un home duns 70 anos de idade faleceu en Melide ao ser atropelado por un vehículo na N-547, ao seu paso polo caso urbano da localidade.
O accidente tivo lugar pasadas as 9,00 horas deste martes, momento no que o persoal dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que circulaba polo punto camiño doutro servizo, avisou ao 112.
Tras iso, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Policía Local, que xa tiñan coñecemento do suceso, á Garda Civil de Tráfico, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.