Chaman a manifestarse de novo no Barco de Valdeorras para reclamar unha sanidade pública "digna"

Á falta de especialistas no hospital comarcal suma "os graves problemas que arrastra a Atención Primaria coa falta xeneralizada de profesionais".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/06/2022 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras chama a manifestarse de novo este xoves no Barco, ás 20,30 horas, para defender unha sanidade pública "digna".

"Despois de chamar a poboación deste Distrito Sanitario o pasado 28 de novembro de 2021 a manifestarse pola falta dunha solución os problemas estruturais do Hospital Comarcal de Valdeorras, concretamente a falta de especialistas en todas as especialidades, e ante a nefasta xestión da Xunta a través da Consellería de Sanidade, a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como a Dirección do Distrito Sanitario de Valdeorras, que levou non só a non dotar ao hospital dos recursos necesarios, senón que se reduciron máis", explica para xustificar a convocatoria.

Á falta de especialistas no hospital comarcal suma "os graves problemas que arrastra a Atención Primaria coa falta xeneralizada de profesionais".

Ante esta situación, a Xunta de Persoal decidiu o pasado mes de abril chamar a poboación a concentracións todos os xoves as 12,00 horas e, "como non houbo ningún tipo de resposta por parte do Sergas, máis aló de dar bandazos", convoca "unha gran concentración diante do hospital" comarcal este xoves para "demandar unha sanidade digna".

O Barco de Valdeorras (OURENSE). MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E DA MELLORA DO HOSPITAL COMARCA.L. OURENSE 28/11/21.. ROSA VEIGA / EUROPA PRESS
O Barco de Valdeorras (OURENSE). MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E DA MELLORA DO HOSPITAL COMARCA.L. OURENSE 28/11/21.. ROSA VEIGA / EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta