Piden dous anos de prisión para o alcalde de Oza-Cesuras por un delito contra a ordenación do territorio

O mesmo pide para dous representantes veciñais pola construción dun edificio sen autorización.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/06/2022 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Ministerio Público solicita dous anos e tres meses de prisión para o alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro (PP), e dous responsables dunha entidade veciñal por un delito contra a ordenación do territorio, segundo recolle o escrito de cualificación ao que tivo acceso Europa Press.

Trátase dunha causa que se segue nun xulgado de Betanzos e en relación a uns feitos que se remontan a 2015. Entón, segundo o Ministerio Público, o que era presidente da asociación veciñal 'As Peniñas' "a propósito da ausencia de autorización autonómica e/ou licenza urbanística municipal e da ilegalidade da obra, promoveu" a construción dun edificio multiusos de carácter dotacional.

Fiscalía engade que, a partir de 2016, o novo presidente, "proseguiu, a propósito da súa ilegalidade, na promoción do citado inmoble". "A obra foi avanzando ata cando menos o 30 de outubro de 2018, momento no cal a construción xa pertencía ao concello de Oza-Cesuras en virtude dun contrato administrativo de cesión gratuíta", engade.

Ese contrato foi asinado polo entón presidente da entidade veciñal e o alcalde, quen "a propósito da súa ilegalidade, igualmente continuou na promoción inmobiliaria dando continuidade á construción". Tamén afirma que as obras "non son legalizables, en tanto que son incompatibles co ordenamento urbanístico".

Xunto á pena de prisión, pide, nunha causa aínda sen data de xuízo, inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo por igual tempo e inhabilitación especial para exercicio de profesión ou oficio relacionadas coa construción, dirección técnica, ou promoción inmobiliaria por tempo de tres anos, ademais da demolición da obra.

Jesús Vázquez Almuíña e Pablo González Cacheiro
Jesús Vázquez Almuíña e Pablo González Cacheiro | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta