Continúa o boom da construción a pesar da crise económica

As licenzas para a construción de edificios de nova planta soben un 6% en Galicia en marzo, ata 230 inmobles.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/06/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

As licenzas concedidas para a construción de edificios de nova planta subiron un 6% en Galicia durante o mes de marzo, ata 230 inmobles, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.

En concreto, o número de autorizacións para edificios residenciais baixou ata os 175, un 3,3% menos que en marzo de 2021, mentres que se aprobaron 55 edificios non residenciais, un 52,7% máis que hai un ano.

Así mesmo, a rehabilitación de edificios mantívose estable, con 174 unidades, practicamente a mesma cifra que en marzo do ano precedente, cando se contabilizaron 175. Pola súa banda, aprobouse a demolición de 18 construcións, un 35% menos. Desta maneira, crearanse ata 275 vivendas de nova planta e 51 vivendas en rehabilitación, mentres que se demolerán 12. Por iso, a variación neta de vivenda é de +314 unidades.

Entre outros datos, o IGE tamén publica este xoves un estudo de análise da construción no primeiro trimestre deste ano, no que se recolle que as compravendas de vivenda usada creceron un 21,2% en Galicia entre xaneiro e marzo, mentres que a vivenda nova decreceu un 0,3%, polo que o dato xeral queda nun aumento do 13,3%.

Ademais, o número de vivendas hipotecadas no primeiro trimestre de 2022 subiu un 22,3%, 45,4 puntos máis que no primeiro trimestre de 2021, cando baixou un 23,1%.

Obra de construción dunha vivenda.
Obra de construción dunha vivenda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta