Nove casos de vexiga de mono en Galicia aínda que se espera a confirmación doutros dous

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala que ningún dos casos é grave.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2022 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O número de casos de vexigas do mono sitúase en Galicia en nove, á espera de que dous sexan confirmados polo Centro Nacional de Microbiología.

Así o manifestou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na firma dun convenio co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para a construción dun centro de saúde.

A preguntas dos xornalistas, sinalou que son en Galicia nove os casos, os dous últimos "de onte e antonte", aínda que en relación a eles precisou que están confirmados en laboratorios galegos, pero que está pendente de ratificar polo Centro Nacional de Microbiología.

"Gustaríanos que fosen máis pequenos, pero hai certa estabilidade no crecemento", sentenciou o conselleiro, que asegurou que non hai un aumento "exponencial". Tamén dixo sobre os casos detectados que se está á espera de "valorar" se necesitan vacinación tanto os afectados como a súa contorna. "Ningún é grave", indicou tamén.

Casos de vexigas do mono. JCCM
Casos de vexigas do mono. JCCM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta