O Concello de Pontevedra inicia a xestión dos primeiros 7 millóns de euros procedentes dos Next Generation

A portavoz do goberno, Anabel Gulías, explicou que ata agora confirmaron a concesión de 7.270.434 euros destes fondos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O goberno local de Pontevedra aprobou este luns a creación dunha oficina específica para a xestión dos fondos europeos Next Generation, que empezan a ser concedidos a esta administración. A portavoz do goberno, Anabel Gulías, explicou que ata agora confirmaron a concesión de 7.270.434 euros destes fondos.

Esta oficina atenderá todos os procedementos administrativos derivados da xestión dos fondos, que teñen uns requirimentos garantistas maiores que atrás axudas e un tempo de execución moi curto. A nova oficina estará dirixida por un equipo municipal pero contará co reforzo de dúas persoas máis (administrativo e técnico) que se seleccionarán nun concurso público.

APROBADO INICIALMENTE O PMUS

Anabel Gulías tamén informou na súa comparecencia de prensa que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) de Pontevedra.

Esta aprobación inicial virá seguida dun período de exposición pública que finalizará o próximo 31 de agosto e no que as persoas interesadas poderán presentar as súas alegacións. Anabel Gulías valorou que se trata "un fito", porque é "un paso máis no modelo" e supón "a ruta a seguir nos próximos 10 anos".

PARTICIPACIÓN ACTIVA

O documento vivirá ata o próximo 31 de agosto un proceso de participación activa con actividades dirixidas ás familias e conferencias abertas á veciñanza en distintos locais sociais da cidade (Leste, Burgo e Gorgullón).

Ademais, o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez está a manter encontros sectoriais con distintas entidades e colectivos para presentarlles o documento e pedirlles que fagan suxestións.

O proceso de participación tamén consta dunha exposición itinerante que se inaugurou o pasado 22 de xuño na praza da Peregrina e que desde este luns comeza o seu percorrido por outros barrios da cidade.

Anabel Gulías con Fernández Lores
Anabel Gulías con Fernández Lores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta