Volve baixar a reserva dos encoros, que se sitúan no 55,9% da súa capacidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

As reservas de auga dos encoros galegos atópase en 2.078 hectómetros cúbicos, o que supón un descenso de sete hectómetros cúbicos respecto de hai sete días, segundo os datos publicados polo Ministerio de Transición Ecolóxica este martes.

Deste xeito, as reservas hídricas atópanse no 55,9% dos 3.714 hectómetros cúbicos de capacidade posible, o que se traduce nunha lixeira baixada fronte ao 56,1% da anterior semana.

A cifra actual en Galicia, que se atopa en prealerta por seca, de 2.078 hectómetros cúbicos, está lonxe da cifra na mesma data de xuño de 2021 (2.412). A diferenza é máis acusada na comparativa coa media da última década (2.847).

Os encoros de Miño-Sil, a conca máis caudalosa en Galicia, contan con 1.612 hectómetros cúbicos (seis menos que hai unha semana), é dicir, ao 53,2%. Hai un ano eran 1.904 hectómetros cúbicos (2.291 na media do últimos dez anos).

Pola súa banda, a cantidade de auga en Galicia Costa é de 466 hectómetros cúbicos (-1), sitúase no 68,1%. Está por baixo tanto da cantidade do ano pasado (518) como da media do últimos dez anos (556).

Arquivo - Encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022, en Cambre, A Coruña, Galicia (España). O encoro de Abegondo-Cecebre ten un índice actual de ocupación do 58,75 % cando o máximo permitido no inverno é do 60%. A Xunta declarou e. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Encoro de Abegondo-Cecebre, a 9 de febreiro de 2022, en Cambre, A Coruña, Galicia (España). O encoro de Abegondo-Cecebre ten un índice actual de ocupación do 58,75 % cando o máximo permitido no inverno é do 60%. A Xunta declarou e. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta