Traballadoras do fogar concéntranse diante das delegacións de Política Social pedindo atención ás súas demandas

Piden á Administración autonómica que "inste as empresas concesionarias" a que apliquen "de inmediato" a subida do 6,5 por cento, correspondente ao IPC de 2021, e "negocien un convenio que supón unha mellora real das condicións destas profesionais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Representantes das traballadoras do servizo do fogar, convocadas pola CIG, concentráronse este martes ante as delegacións territoriais de Polícia Social para esixir que atenda as demandas do colectivo.

Como responsable do servizo, piden á Administración autonómica que "inste as empresas concesionarias" a que apliquen "de inmediato" a subida do 6,5 por cento, correspondente ao IPC de 2021, e "negocien un convenio que supón unha mellora real das condicións destas profesionais".

As protestas enmárcanse na campaña de CIG-Servizos está a desenvolver "a favor da dignificación laboral e salarial das traballadoras do SAF", para que se recoñeza o "labor esencial que prestan e para reclamar unha mellora de calidade a asistencial ás persoas usuarias".

limpeza
limpeza | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta