Extinguido o incendio forestal declarado en Viana do Bolo tras queimar cinco hectáreas

Comezou ás 17.18 horas do martes.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/07/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na tarde deste martes no municipio ourensán de Viana do Bolo quedou extinguido na noite da mesma xornada tras queimar cinco hectáreas de superficie.

Segundo os datos facilitados a Europa Press pola Consellería do Medio Rural, este incendio quedou extinguido ás 21,30 horas do martes tras declararse ás 17,18 horas da mesma xornada na parroquia de Pexeiros.

Despois de quedar estabilizado este incendio forestal ás 19,42 horas do martes, ás 21,30 horas deuse por extinguido tras queimar 3,5 hectáreas arboredos e 1,5 de monte raso, concretou Medio Rural.

Para os labores de extinción deste lume foron mobilizados tres axentes, sete brigadas, catro motobombas, catro helicópteros e dous avións, indicaron as mesmas fontes.

Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense)
Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense) | Fonte: Brif Laza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta