Condenado a 15 meses de cárcere por roubar unhas botellas de auga nun hotel coruñés

O condenado, toxicómano e cunha trintena de antecedentes, actuou cando o local estaba pechado pola pandemia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/07/2022 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña ditou sentenza na que condena a 15 meses de prisión a un home que forzou a entrada dun hotel na cidade herculina e roubou varias botellas de auga, cando o establecemento estaba pechado pola pandemia de Covid-19.

Segundo se recolle na sentenza, os feitos ocorreron na madrugada do 24 de outubro de 2020, cando o acusado apalancou a porta automática do Hotel Santa Catalina da Coruña. Nese momento, as instalacións estaban pechadas debido á crise sanitaria.

O tribunal considera probado que, tras forzar a porta, accedeu ao interior do hotel e, despois de rexistrar a recepción e as plantas superiores, rompeu e desencaixou un cristal da porta de acceso á cafetaría.

Unha vez no interior, subtraeu varias botellas de augas, e todo iso fíxoo mentres outro individuo, que non puido ser identificado, facía labores de vixilancia no exterior. O procesado causou danos no hotel por valor de 4.870 euros.

Na súa resolución, o tribunal aplica a circunstancia atenuante de toxicomanía e tamén unha agravante, xa que o acusado ten máis dunha trintena de antecedentes, dous deles computables a efectos de reincidencia.

Así, a Audiencia condenouno como autor dun delito de roubo con forza nas cousas, á pena de 1 ano e 3 meses de prisión, e deberá indemnizar á propiedade do hotel en 4.870 euros polos danos materiais ocasionados.

Botellas de auga de Cabreiroá
Botellas de auga de Cabreiroá

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta