Formoso reclama á Xunta a apertura de axudas para comprar combustible bonificado para o sector agroalimentario

O líder dos socialistas galegos sinalou que estas empresas están a promover o uso das enerxías renovables como o biogás, "como están a fomentar a Unión Europea e o Goberno de España", implementando as enerxías renovables en convivencia co sector agroalimentario galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, Valentín González Formoso, reclamou este mércores á Xunta que habilite axudas para a compra de combustible bonificado para o sector agroalimentario galego.

Acompañado da secretaria de Medio Ambiente da executiva do Partido Socialista de Galicia, Noela Blanco, e do secretario provincial en Ourense da formación, Rafael Rodríguez Villarino, Formoso emprazou ao Executivo autonómico a seguir os pasos dados polo Goberno central que "está a adoptar medidas de financiamento para as granxas, financiando o combustible e concedendo axudas por animal para garantir a sustentabilidade".

Durante a visita á factoría de Coren, Formoso referiuse en concreto desta empresa, ao respcto do que destacou que "é unha das principais" no sector agroalimentario galego, un sector que "se atopa nun momento bastante malo cos custos" e que, por iso, "ante ante a falta de apoio da Xunta de Galicia está a tentar pola súa banda liquidar o problema dos custos enerxéticos".

Nesta liña, o líder dos socialistas galegos sinalou que estas empresas están a promover o uso das enerxías renovables como o biogás, "como están a fomentar a Unión Europea e o Goberno de España", implementando as enerxías renovables en convivencia co sector agroalimentario galego.

VÍA PARA AFORRAR CUSTOS

Así, animou a hibridar os intereses do sector da enerxía renovable cos intereses do sector agroalimentario, ligando a supervivencia das granxas á achega de parques eólicos e plantas de biogás locais e apuntando que "é a vía para aforrar custos e baixar a factura da luz destas explotacións tan estratéxicas para o noso país".

Deste xeito, urxiu á Xunta a "tomar medidas para garantir a supervivencia do sector" comezando por "ser consciente das dificultades" coas que lidan actualmente "cos custos do combustible e das forraxes das granxas galegas pondo en dúbida a viabilidade do sector"

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, na visita a Coren. PSDEG
Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, na visita a Coren. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta