Recuperado o corpo do mozo afogado nunha praia fluvial no Miño en Ourense

O dispositivo, que coordina a Policía Nacional, contou coa intervención, mediante equipos de mergullo, de axentes de seguridade de Policía Nacional e Autonómica. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Ourense, efectivos da Garda Civil e a Policía Local, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Mergulladores da Policía Nacional recuperaron sobre as 17,30 horas deste mércores o corpo do novo afogado deste pasado martes nunha praia fluvial do Río Miño en Ourense.

Así o confirmaron fontes do operativo dirixido pola Policía Nacional, despois de que o xefe do dispositivo GEO procedese a inspeccionar as condicións para comezar, á primeira hora da tarde, cos preparativos necesarios para rescatar o cadáver.

Así, o dispositivo, que coordina a Policía Nacional, contou coa intervención, mediante equipos de mergullo, de axentes de seguridade de Policía Nacional e Autonómica. Tamén foron mobilizados os Bombeiros de Ourense, efectivos da Garda Civil e a Policía Local, tras ser alertados polo 112 Galicia.

AVISO

O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares sobre as 19,00 horas deste martes pasado por unha persoa en apertos na praia fluvial de Oira, en Ourense. Ademais, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a participación neste operativo do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que acudiu durante a tarde do martes ao lugar dos feitos cun equipo de drones e de iluminación.

Tamén o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, cuxos profesionais prestaron asistencia aos familiares da persoa afogada.

O corpo estaba localizado sobre as 20,00 horas do martes, segundo os bombeiros, e activouse o baleirado parcial do encoro de Velle para poder realizar a operación de recuperación, xa que se afundiu. Por iso, este mércores acudiron mergulladores ao lugar.

Encoro de Velle, Ourense, en inverno
Encoro de Velle, Ourense, en inverno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta