O empresario José Souto vende o 70% da propietaria do Hotel Hilton da Coruña

O fondo Extendam Capital Partners in Hospitality e a compañía DX Invest Hospitality fanse coa maior parte da sociedade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2022 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O empresario José Souto Meizoso vendeu o 70% da súa sociedade Center Coruña Hoteis S.L., empresa propietaria e xestora dos hotelis DoubleTree by Hilton e Ibis Styles da cidade herculina, ao fondo Extendam Capital Partners in Hospitality e á compañía DX Invest Hospitality. Diso informou a sociedade nun comunicado, no que explica que Center Coruña Hoteis, S.L. estaba participada ao 100% por Irta Invest, S.L., sociedade matriz do empresario.

Segundo sinala a entidade, os novos accionistas teñen unha gran experiencia e coñecemento no sector hoteleiro internacional. No caso de Extendam, detalla que se trata dun fondo especializado en investimento hoteleiro e que é o máis activo de Europa, cun total de 270 hoteis e un investimento superior aos 2.800 millóns de euros en activos.

Pola súa banda, apunta que DX Invest é o maior franquiciado deAccor Invest e conta con máis de 50 hoteis en España, Francia e Portugal. A valoración dos activos desta operación ascende a 22 millóns de euros. Con estes novos accionistas, Center Coruña Hoteis destaca que se asegura unha gran xestión para o futuro crecemento e desenvolvemento de ambos os establecementos hoteleiros, que seguirán coa mesma bandeira e en réxime de franquía.

Esta operación financeira foi levada a cabo coa participación de dous empresarios como Jean Carles Delgado, que entre outros cargos desempeñou o de Director Xeral para o sur de Europa de Accor Hoteis, e Laurent Gauze, propietario de varios hoteis en España, Francia e Portugal.

Pola súa banda, o restaurante Hünico, integrado no DobleTree by Hilton, seguirá sendo 100% de Zalaeta Restauración que, á súa vez, é 100% de Irta Invest, propiedade de José Souto Meizoso.

Hotel Hilton A Coruña
Hotel Hilton A Coruña | Fonte: TripAdvisor

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta