As Rías Baixas e Ourense alcanzarán os 36 graos este venres

Haberá aviso amarelo ao longo da xornada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso por altas temperaturas a partir das 13,00 horas deste venres día 8 de xullo. O aviso amarelo afectará o ámbito xeográfico do Miño en Ourense e ao sur de Pontevedra --contorna do río Miño-- e Rías Baixas, con temperaturas máximas de 36 e 34 graos.

Segundo o aviso, remitido aos concellos afectados pola propia Aemet e que tamén se pode consultar en Meteogalicia, está previsto que finalice ás últimas horas do día. Para o sábado día 9 de xullo, tamén está previsto que se manteña as altas temperaturas e ese aviso amarelo nas mesmas zonas, entre as 15 e as 21 horas.

Aviso amarelo para este venres 8 de xullo de 2022 por altas temperaturas. METEOGALICIA
Aviso amarelo para este venres 8 de xullo de 2022 por altas temperaturas. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta