Un mozo morto nun accidente en Sada cando envorcou o vehículo no que viaxaba con outras tres persoas

O accidente produciuse sobre as 3,00 horas no lugar de Tarabelo, no municipo coruñes de Sada. O vehículo saíu da vía e envorcou no medio da calzada, segundo recolle o parte da Central de Emerxencias 112 de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un mozo faleceu nun accidente de circulación en Sada ao envorcar o vehículo que conducía, no que viaxaban outro tres persoas que resultaron leves.

O accidente produciuse sobre as 3,00 horas no lugar de Tarabelo, no municipo coruñes de Sada. O vehículo saíu da vía e envorcou no medio da calzada, segundo recolle o parte da Central de Emerxencias 112 de Galicia.

Foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia, os Bombeiros de Betanzos, o Servizo Municipal de Protección Civil e os axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Os equipos de emerxencias non puideron facer nada por salvar a vida da única vítima mortal do sinistro. As outras tres persoas saíron polos seus propios medios do turismo.

Para liberar ao falecido, non foron necesarios os equipos de excarceración, xa que estaba parcialmente fose do vehículo, nunha posición "complexa", pero accesible.

Axentes da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL
Axentes da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta