Rexistrados varios incencios en Galicia aínda que as primeiras estimacións os sitúan por baixo dunha hectárea

A Consellería de Medio Rural tamén ten rexistrado un lume que se iniciou ás 14,52 horas na parroquia de Cortegada, en Silleda, e que afecta a menos dunha hectárea, segundo as primeiras estimacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou na xornada deste sábado, nunha xornada con varios avisos por altas temperaturas, varios incendios forestais, aínda que as primeiras estimacións facilitadas pola Consellería de Medio Rural apuntan que non superan unha hectárea.

Un dos lumes rexistrouse ás 13,13 horas na parroquia de Coristanco, no municipio coruñés homónimo, e deuse por estabilizado ás 14,02. Ás 14,27 quedou controlado e calcinou 0,27 hectáreas de masa arboredo. Neste lume traballaron un axente, dúas brigadas, unha motobomba e un helicóptero, segundo o parte de medios facilitados a Europa Press por parte da Consellería de Medio Rural.

Na provincia de Pontevedra, un incendio quedou extinguido ás 14,53 horas na parroquia de András, do municipio de Vilanova de Arousa. Comezou ás 13,10 horas e calcinou 0,2 hectáreas de monte arboledo. Para apagalo, traballaron dous axentes, tres brigadas, tres motobombas e un helicóptero.

INCENDIO ACTIVO

Finalmente, a Consellería de Medio Rural tamén ten rexistrado un lume que se iniciou ás 14,52 horas na parroquia de Cortegada, en Silleda, e que afecta a menos dunha hectárea, segundo as primeiras estimacións.

Nos labores de control traballan dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

085, Teléfono De Aviso De Incendios Forestais. XUNTA
085, Teléfono De Aviso De Incendios Forestais. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta