Ourense rexistra a temperatura máis alta de Galicia con 41,2 graos este sábado

Tamén nas estacións de maior altitude rexístranse este sábado temperaturas superiores aos 30 graos. É o caso da Mezquita, en Ourense, que ás 17,40 horas marcou 32,6 graos, ou a Serra do Faro, no municipio pontevedrés de Rodeiro, onde se chegou aos 31,9 graos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

Ourense rexistrou 41,2 graos ás 17,20 horas deste sábado, a temperatura máis alta en Galicia este 9 de xullo. Segundo os rexistros de Meteogalicia, catro estaciones da provincia de Ourense superaron os 40 graos ao longo do día.

Pero as temperaturas non deixaron de subir nas últimas horas e na estación de Meteogalicia en Remuíño, no concello ourensán de Arnoia, rexistráronse 40,8 graos ás 18,50 horas. Así mesmo, noutra das estacións próximas á capital ourensá, alcanzáronse os 40,6 graos ás 18,40. Ademais, en Leiro, ás 17,10 horas, os termómetros chegaron aos 40,3 graos.

Tamén nas estacións de maior altitude rexístranse este sábado temperaturas superiores aos 30 graos. É o caso da Mezquita, en Ourense, que ás 17,40 horas marcou 32,6 graos, ou a Serra do Faro, no municipio pontevedrés de Rodeiro, onde ás 19,10 horas chegouse aos 32 graos.

En xeral, en gran parte do territorio superáronse este sábado os 30 graos. Por exemplo, en Vigo e a súa contorna, o mercurio chegou a rozar os 35 graos, mentres que na Coruña case alcanzan os 34. En Lugo, Monforte de Lemos rexistrou 37,2 graos, a diferenza da zona da Mariña, onde as temperaturas son máis frescas e apenas superaron os 20 graos.

Para este domingo, Meteogalicia prevé que as temperaturas continúen ascendendo no interior, pero baixarán no litoral oeste. Así, espéranse bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no norte da provincia de Lugo á primeira hora e ceos despexados no resto.

Praia Fluvial da Antena, Ourense
Praia Fluvial da Antena, Ourense | Fonte: wikiloc

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta