Rescatado un home tras quedar envorcado o coche no que circulaba na autovía AG-56 en Ames

Outra muller foi rescatada tras caer por un desnivel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Un home foi excarcerado na madrugada deste luns despois de quedar envorcado o coche no que circulaba na autovía AG-56 ao seu paso polo termo municipal de Ames. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 4,30 horas deste luns o vehículo caeu desde unha rotonda situada nun nivel superior, no punto quilométrico 8 da AG-56.

Tras ser liberado polos Bombeiros de Boiro, o home e único ocupante do vehículo foi atendido polos servizos sanitarios que, posteriormente, trasladárono a un centro hospitalario. As mesmas fontes resaltaron que o home estivo consciente en todo momento.

Varias persoas particulares contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para avisar do accidente, sobre as 4,30 horas deste luns. Despois de recibir a alerta do sinistro, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Brión, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da autovía.

SAÍDA DE VÍA

Por outra banda, unha muller foi excarcerada ao saírse da vía o coche no que viaxaba e caer por un desnivel na tarde deste pasado domingo no municipio da Cañiza.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 276 da A-52 uns minutos despois das 19,45 horas do pasado domingo. O 112 recibiu varias chamadas de particulares que alertaban do accidente e, acto seguido, puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta