O PPdeG denuncia que Galicia volve aos "tempos de illamento" pola falta de infraestruturas

Denuncia a falta de políticas do Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O viceportavoz parlamentario do PPdeG Alberto Pazos denunciou que a "incapacidade" e a "falta de xestión" do Goberno central en materia de infraestruturas retrotrae a Galicia "a tempos afastados de illamento".

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, o dirixente popular explicou que, neste contexto, o Grupo Parlamentario Popular demandará no pleno desta semana ao Executivo estatal que rectifique os criterios do deseño do novo mapa concesional de liñas de transporte por estrada de forma que "23 concellos galegos non quede sen parada e sen servizo, afectando a 140.000 veciños" do rural.

"Ademais desta inxustificada decisión do Goberno de Sánchez" que supón "unha perda de 76 itinerarios interiores", Alberto Pazos denunciou que os galegos tamén sofren problemas como a caída do viaduto da A6 ou a "non chegada dos trens Avril para o presente verán".

Sobre a caída do viaduto da A6, o dirixente popular asegurou que a alternativa proposta polo Goberno central é "pouco ambiciosa" xa que "reduce un tramo do desvío dos vehículos que circulan cara a Madrid" pero "non soluciona en ningunha medida o tráfico dos vehículos que veñen cara a Galicia".

O viceportavoz parlamentario do PPdeG Alberto Pazos
O viceportavoz parlamentario do PPdeG Alberto Pazos | Fonte: Europa Press

TRENS AVRIL

Alberto Pazos tamén censurou a "ineficacia" do Goberno central no relativo á chegada dos trens Avril comprometida para este verán e que "xa tiñan que estar a circular segundo os prazos comprometidos".

Por último, na rolda de prensa, Alberto Pazos sinalou que o Grupo Parlamentario Popular mostrará tanto ao Parlamento Europeo como á Comisión europea o seu rexeitamento ás propostas normativas que leven á minoración ou eliminación do emprego nas artes de fondo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta