Unha reliquia para coleccionistas da banda deseñada galega

O histórico fanzine ourensán 'Frente Comixario' está dispoñible na rede. Nunha web pódese acceder aos exemplares en pdf dos números 1 ao 6.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/07/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Grazas a antigos membros do colectivo Frente Comixario, nacido na avanzada década dos 80 e tendo como xermolo a actividade e concursos de cómics da Casa da Xuventude de Ourense, pódese traer á memoria o fanzine Frente Comixario.

Algúns exemplares do fancine Frente Comixario. Foto cedida.
Algúns exemplares do fancine Frente Comixario. Foto cedida.

Este histórico fanzine de banda deseñada está dispoñible na rede. O web Archive.org alberga os documentos en pdf desta publicación, xestada en Ourense e que marcou en gran medida o desenvolvemento da BD galega nos primeiros anos 90.

A colección que agora se publica recolle as entregas 1 a 6 do fanzine, que naceu cun número 0 para recoller traballos premiados no certame de BD da Casa da Xuventude de Ourense. Non se inclúen nin este número 0 nin tampouco os especiais "Pelegrín" e "Zombies" que saíron baixo a mesma cabeceira.

Entre 1989 e 1993, o fancine Frente Comixario foi unha referencia da BD galega, agrupando a grande parte dos creadores do momento e conseguindo unha tiraxe e distribución inéditas ata o momento. Ademais, albergou unha tentativa de profesionalización co lanzamento dunha colección de álbums, que só tivo unha entrega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta