Rueda en contra do "gratis total" nas viaxes en tren

Di sobre os impostos a eléctricas e bancos: "Agardemos que non os paguen logo os cidadáns".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2022 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cuestionou o "todo gratis" anunciado polo titular do Goberno central, Pedro Sánchez, respecto diso dos bonos de transporte --Proximidades, Rodalies e Media Distancia--, pero manifestou que esperarán a coñecer o detalle concreto para facer unha valoración máis ampla e estudar, no seu caso, posibles medidas en Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 07/07/22.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 07/07/22.. XUNTA

"Primeiro imos esperar ao anuncio", indicou, en resposta a preguntas dos xornalistas tras o Consello da Xunta. Con todo, manifestou, en concreto sobre a gratuidade do tren, que "o todo gratis na situación actual" xéralle " dúbidas".

IMPOSTOS GRANDES FORTUNAS

"Ata que non a coñeza en detalle non me vou a proncunciar". O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, non se quere pronunciar sobre un dos grandes anuncios feitos polo xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, durante o debate do Estado que tivo lugar esta semana no Congreso. "Polo momento é un gran anuncio mediatico. Agardemos que non os paguen logo os cidadáns", dixo.

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda non quixo expresar se está a favor ou en contra dunha medida que leva sendo longamente demanda por numerosos sectores sociais e políticos. "Hai unha premisa fundamental que é que se se lle pon un imposto ás eléctricas e aos bancos e logo iso acaba repercutindo nos cidadáns, no fondo, quen o pagan son os cidadáns", limitouse a sinalar.

"Por iso, ata non saber iso, tomamos todo con moita cautela", dixo ao lembrar que nos últimos anos xa se realizaron 25 subas fiscais.

HIDROCARBUROS

Rueda tamén se pronunciou sobre a carta remitida polo presidente da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) aos presidentes autonómicos solicitudes para pedir unha bonificación de 20 céntimos por litro de carburante a todos os autónomos con rendas inferiores a 20.000 euros anuais. "Nós non temos ingresos adicionais, iso é cousa do Goberno central", dixo en relación ás bonificacións que recibe Galicia do imposto das gasolinas.

Así, limitouse a lembrar que a Xunta recibe un prezo fixo por litro de combustible que non é variable e os impostos adicionais non son ingresados na conta do Goberno galego ata dous anos despois. "Polo tanto, non temos ningún ingreso adicional ata dentro de dous anos", dixo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta