O incendio de Carballeda de Valdeorras arrasa xa unhas 350 hectáreas

Arde monte baixo e non hai vivendas en risco.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 15/07/2022 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O incendio de Carballeda de Valdeorras (Ourense) avanza nunha xornada marcada polas altas temperaturas e a supeficie afectada, segundo as estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural, alcanza xa as 350 hectáreas.

Fume durante un incendio, a 13 de xullo de 2022, en Melón, Ourense
Fume durante un incendio, a 13 de xullo de 2022, en Melón, Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

A alcaldesa da localidade, María del Carmen González Quintela, trasladou que a extensión do incendio é "moi grande", pero lanzou unha mensaxe tranquilizadora en canto aos efectos, posto que, segundo explicou, polo momento o que ardeu é "restrollo".

O lume forestal rexistrouse nunha zona da serra, segundo indicou a rexedora, polo que arde "monte baixo" e non hai vivendas en risco. "O dano é en monte raso e non hai vivendas preto", ratificou.

Os incendios recrudecéronse en Galicia nas últimas horas e hai varios activos en todo o territorio galego. Algúns, como no caso de Folgoso do Courel (Lugo) e Baiona (Pontevedra), aproximáronse a zonas de vivendas, o que obrigou a reforzar a alerta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta