Só os concellos de Ames e Salceda de Caselas foron os únicos en Galicia con saldo vexetativo positivo en 2021

O dato global que publica o IGE confirma o xa publicado hai un mes polo Instituto Nacional de Estatística (INE) de que en 2021 produciuse o peor saldo vexetativo en Galicia desde que hai rexistros (1975). No entanto, hai lixeiras variacións nos datos provisionais de ambos os institutos estatísticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Só dous municipios galegos presentan saldo vexetativo positivo en 2021. En concreto, trátase de Ames, con 31 nacementos máis que mortes, e Salceda de Caselas, con 13,segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicados este venres.

O peor saldo vexetativo de Galicia é o da cidade da Coruña, con 1.252 óbitos máis que alumeamentos. Entre o sete cidades, séguelle: Vigo (-1.176), Ferrol (-649), Ourense (-636), Lugo (-371), Santiago (-352) e Pontevedra (-319).

O dato global que publica o IGE confirma o xa publicado hai un mes polo Instituto Nacional de Estatística (INE) de que en 2021 produciuse o peor saldo vexetativo en Galicia desde que hai rexistros (1975). No entanto, hai lixeiras variacións nos datos provisionais de ambos os institutos estatísticos.

O INE apuntaba a un saldo vexetativo negativo de 18.057 persoas, cifra que eleva o IGE ata 18.084. E é que o INE recollía que houbo 14.784 nacementos e 32.841 falecidos, mentres que o IGE cifra en 14.759 os alumeamentos e en 32.843 as defuncións.

Ademais, continúa o atraso da idade media das mulleres galegas para ter fillos. En 2021, o 79,4% dos nacementos foron de nais de 30 ou máis anos (hai 10 anos supuñan o 74,9%). As maiores de 40 anos xa supoñen o 14,4% (hai unha década eran o 6,7%).

ALZA DE MATRIMONIOS

Pola súa banda, houbo un elevado incremento dos matrimonios en 2021, un 53% máis que en 2020, ano marcado polo inicio da pandemia. Foron 8.608 ligazóns (3.717 na Coruña, 3.101 en Pontevedra, 923 en Lugo e 867 en Ourense).

Do total de 8.608 matrimonios, 8.451 producíronse entre un home e unha muller, 93 entre dúas mulleres e 64 entre dous homes, segundo os datos do IGE.

Arquivo - María José Martínez Do Santos pousa co seu fillo recentemente nado, o primeiro bebé no reaberto paritorio de Verín (Ourense) o 6 de febreiro de 2020. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Arquivo - María José Martínez Do Santos pousa co seu fillo recentemente nado, o primeiro bebé no reaberto paritorio de Verín (Ourense) o 6 de febreiro de 2020. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta