O Sergas notifica outras 16 mortes en tres días, mentres os ingresados con covid seguen en descenso

Os casos activos baixan a 12.840 en Galicia, onde constan 748 novos contaxios detectados

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 16/07/2022 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Os pacientes de covid-19 ingresados nos hospitais galegos volveron a caer nas últimas horas ata un total de 781, que son 69 menos que hai un día. Con todo, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou 16 novas mortes de persoas diagnosticadas con covid-19 entre o 13 e o 15 de juliio.

Ademais da evolución positiva dos pacientes que requiren hospitalización, os contaxios detectados en 24 horas polo Sergas volveron a descender ata 748, mentres que os casos activos da enfermidade tamén baixan ata 12.840 No que respecta aos falecidos, a Xunta notificou outros 16 --de persoas con patoloxías previas-- correspondentes a tres días, entre o mércores 13 e este venres 15 de xullo. Así, o 13 notifican o falecemento de dúas mulleres de 89 e 79 anos, nas áreas sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; e Vigo, respectivamente.

O xoves 14 fan constar un total de 11 novos decesos, cinco deles na área sanitaria da Coruña e Cee, onde pedieron a vida tres mulleres de 80, 91 e 97 anos, e dous homes de 89 e 79 anos. Na área lucense faleceron unha muller de 88 anos e un home de 96; mentres que unha muller de 93 anos e un home de 76 perderon a vida na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Así mesmo, o Sergas notifica a morte dun ancián de 90 na área compostelá; e doutro de 86 na área de Pontevedra e O Salnés. Este venres 15 de xullo o Sergas notifica o falecemento de dúas persoas na área sanitaria da Coruña e Cee: un home de 77 e unha muller de 73; e dun home de 76 anos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Con estes 16 novos falecidos, a listaxe oficial de vítimas que deixa a pandemia en Galicia é de 3.743.

VOLVEN A BAIXAR Os INGRESADOS

Nos hospitais galegos, segundo os datos deste sábado da Consellería de Sanidade, actualizados ata as 18,00 do venres, recollidos por Europa Press, os pacientes covid rexistraron un notable descenso de 69 despois de encadear na última semana cifras de marca para o ano 2022. En concreto, hai ingresadas 781 persoas con coronavirus nas clínicas galegas: 751 en planta --70 menos que hai un día-- e 30 en unidades de coidados intensivos --un máis--.

Este descenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias. Así, a que conta con máis hospitalizados covid é a da Coruña-Cee, con 170 (-4), dos que 10 seguen na UCI; seguida da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 138 (-21), cinco deles críticos (un máis).

Do mesmo xeito, descenden os ingresados na de Lugo-A Mariña-Monforte a 129 (-16), deles catro en coidados intensivos; a de Santiago-Barbanza, a 108 (-10), con catro en UCI (un máis); a de Pontevedra-O Salnés, con 106 (-8), deles 3 críticos; a de Vigo, a 86 (-5), deles tres (un máis) na UCI; e a de Ferrol, a 60 (-5), con só un en coidados intensivos.

CASOS ACTIVOS REPUNTAN LIXEIRAMENTE

A cifra de casos activos da covid-19 en Galicia baixou significativamente en relación á xornada anterior, ata situarse en 12.840. Hai unha semana, esta cifra era de 17.615.

Por áreas sanitarias, 2.630 casos activos compútanse na da Coruña, 1.918 na de Lugo, 1.907 na de Ourense, 1.323 na de Pontevedra, 1.757 na de Vigo, 2.159 na de Santiago e 1.114 na de Ferrol.

BAIXAN OS CONTAXIOS DIARIOS

Así mesmo, o Sergas rexistrou nas últimas 24 horas un total de 748 novos positivos por covid-19, menos que na pasada xornada e tamén unha cifra significativamente menor á dunha semana atrás --cando se notificaron 1.380. Cabe lembrar que co protocolo actual non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable.

Dos novos casos totais que se suman ao cómputo xeral, 171 localizáronse na área da Coruña, á que seguen Lugo (107), Santiago de Compostela (106), Ourense (105), Vigo (99), Ferrol (93) e Pontevedra (63). Ademais, outro catro positivos non teñen área asignada.

Así, desde o inicio da pandemia, o Sergas leva rexistrados 664.536 positivos por covid-19; e curáronse un total de 648.051 persoas.

Medicamentos e test contra o covid
Medicamentos e test contra o covid | Fonte: SERGAS - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta