Estes son os concellos que aínda seguen en nivel 1 de alerta a pesar da baixada de temperaturas

A Xunta desactivou o máximo nivel de alerta por calor en toda Galicia, agás en municipios de Lugo e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A Xunta, a través do Comité do Plan de Calor, e no marco do Plan de actuacións fronte a efectos das altas temperaturas sobre a saúde, desactivará este martes en toda a comunidade a alerta por onda de calor, iniciada o pasado día 8 de xullo.

Este luns, só as zonas do Centro, Montaña e Sur de Lugo; e as de Montaña, Valdeorras e Sur de Ourense permanecen no nivel 1 de alerta por onda de calor, mintas que o resto xa teñen temperaturas normais para esta data do ano, informa a Xunta nun comunicado.

Segundo as previsións, o episodio de alerta extrema por calor finalizará este martes no conxunto de Galicia, incluídas tamén as áreas de Lugo e Ourense.

As zonas de aviso que permanecen este luns en alerta, todas elas con nivel 1, abarcan aos concellos lucenses de Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

Pola súa banda, en Ourense, permanecen este luns en alerta por calor Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Un termómetro marca 49 graos centígrados en cálea Concello, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Un termómetro marca 49 graos centígrados en cálea Concello, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta