Dous feridos nunha colisión múltiple na AP-9 en Cambre

Estiveron implicados tres turismos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/07/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas tras unha colisión múltiple con tres turismos implicados na AP-9, ao seu paso polo concello coruñés de Cambre. Segundo trasladou o 112 Galicia, unha testemuña do accidente informaba á central de emerxencias do sucedido ao fío das 16,30 horas.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Nese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deu aviso aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, así como a Protección Civil de Cambre e ao servizo de mantemento da vía.

Finalmente, a consecuencia do impacto dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta