A Xunta esixe ao Goberno central medidas urxentes para resolver a falla de médicos de familia

"A falta de médicos é o problema máis urxente que ten neste momento a sanidade española", advirte o conselleiro de Sanidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/07/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este luns na Conferencia do Ciclo de Conselleiros da Saúde da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), un encontro no que volveu esixir ao Goberno de España a adopción de medidas urxentes para resolver o desabastecemento de facultativos que sofre o Sistema Nacional de Saúde.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

Durante a súa intervención, o responsable da carteira sanitaria da Xunta lanzou unha mensaxe de emerxencia ao Ministerio de Sanidade, remarcando que "a falta de médicos é o problema máis urxente que ten neste momento a sanidade española".

Así, subliñou que son necesarias medidas de alcance estatal para resolver un problema que excede as competencias das comunidades autónomas. "Non queremos escapar das nosas competencias, senón que reclamamos medidas para poder exercelas", aseverou.

García Comesaña apelou á cogobernanza e incidiu en que o Goberno central "non pode seguir dando as costas a un problema que afecta a toda España, e sobre o que xa ten un mandato do Congreso dos Deputados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta