A industria galega dispara un 37,3% a súa facturación en maio, por encima da media do estado

Por E.P. | VIGO | 19/07/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria galega subiu un 37,3% o pasado mes de maio, en comparación co mesmo período de 2021, segundo datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Esta cifra sitúa o incremento de Galicia por encima do da media nacional, xa que no total de España a facturación da industria creceu un 32,6% no quinto mes do ano. No que vai de exercicio, a industria galega elevou a súa cifra de negocios un 13%, mentras que a nivel estatal este crecemento foi do 22,3%.

DATOS ESTATAIS

Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo
Contenedores de Exportación. EUROPA PRESS - Archivo

Pola súa banda, a cifra de negocios da industria española subiu 32,6% en maio respecto ao mesmo mes de 2021, aínda que con datos corrixidos de efectos estacionales e de calendario este crecemento quedou no 29,8%, sempre segundo cifras do INE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta