Os casos de violencia machista crecen en Santiago

Descenden outros tipos de delitos, como os roubos en vivendas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/07/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Os casos de violencia machista experimentan unha tendencia á alza en Santiago de Compostela, segundo constataron este venres os participantes na Xunta Local de Seguridade, mentres que descenden outros tipos de delitos, como os roubos en vivendas.

Dúas nenas participan nunha concentración feminista contra a violencia machista e vicaria
Dúas nenas participan nunha concentración feminista contra a violencia machista e vicaria | Fonte: Europa Press - Arquivo.

"Movémonos en parámetros moi positivos nos que se aprecia un descenso notable de determinadas tipoloxías delituosas, como poden ser os roubos en domicilios, aínda que se ve unha repunta noutros vinculados coa agresividade das persoas, tanto en violencia machista como noutros ámbitos como a circulación de tráfico, disputas veciñais ou no lecer nocturno", indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

O Pazo de Raxoi acolleu este martes a reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, entre outras autoridades, Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños; e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, co obxectivo de acordar as medidas de reforzo para garantir a seguridade durante as festas do Apóstolo.

Bugallo incidiu en que a maior preocupación céntrase no "aumento notable das vítimas de violencia de xénero desde o ano 2019, con 164 mulleres acollidas ás medidas de protección en Santiago na actualidade, unha cifra importante pero acorde cos datos da provincia, que rexistra máis de 1.900 casos activos".

O alcalde tamén destacou o aumento dos delitos cibernéticos --que é xeneralizada e non específica da capital galega, pero aos que se está prestando unha atención especial--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta