Así está a natalidade en Galicia: morren máis persoas e nacen menos crianzas

O número de persoas nacidas no país acumula un descenso do 2% no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/07/2022 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 1.160 nacementos no mes de maio, o que supón un 5,7% menos que os contabilizados no mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Así, no que vai de ano naceron en Galicia ata 5.752 bebés, un 2% menos que os 5.869 nenos que naceran entre xaneiro e maio do exercicio anterior. Este dato contrasta coa media nacional, xa que no total de España naceron un 0,37% máis de nenos no primeiros cinco meses de 2022 que en 2021.

Por provincias, o número de nacementos na Coruña caeu case un 3% ata maio, con 2.468 nenos, mentres que en Lugo aumentou un 10,41%, ata 690 bebés. Ourense (-5,08%) e Pontevedra (-3,62%) tamén rexistraron taxas negativas, con 526 e 2.068 nacementos, respectivamente.

Pola súa banda, o INE tamén publicou este mércores o número de defuncións ata a semana 26 do ano, que corresponde con finais do mes de xuño e principios do mes de xullo. En Galicia faleceron 17.607 persoas, un 4,97% máis que no mesmo período de 2021, así como un 8,09% máis que nas mesmas semanas de 2019, antes do comezo da pandemia.

En toda España, rexistráronse 235.303 decesos no mesmo período, un 2,13% máis que en 2021 e un 7,36% máis que nas primeiras 26 semanas de 2019.

Fomento da natalidade. CONCELLO DA Lama
Fomento da natalidade. CONCELLO DA Lama

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta