A Deputación de Pontevedra colabora para que Mexillón de Galicia acredite o seu sistema de xestión de calidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2022 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este mércores un convenio de colaboración co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, Manei Calvo, para a realización do proxecto de acreditación do sistema de xestión de calidade baixo a norma ISO/IEC 17065.

En virtude deste convenio, a administración provincial achega case 22.000 euros para que a entidade realice os trámites e auditorías precisas para conseguir esa certificación que o Consello Regulador acredite a calidade do seu produto e procesos ante a Entidade Nacional de Acreditación (Enac).A Enac fará un estudo profundo que identifique oportunidades de mellora. A primeira auditoría farase en setembro-outubro.

Carmela Silva sinalou que "falar de Mexillón de Galicia é falar do sector primario. Unha actividade económica que xera moita riqueza, moito emprego ao longo de toda a costa". Destaca especialmente que neste sector "as mulleres xogan un papel moi importante".

Concretamente, segundo os datos achegados neste acto, o sector mexilloeiro crea en Galicia máis de 13.000 postos de traballo e a provincia de Pontevedra aglutina o 71% das empresas comercializadoras.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Rafa Estévez - Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta