Arde Galicia.- O lume ameaza a Devesa da Rogueira e consume a fermosa paraxe da Lagoa de Lucenza

Agora consume parte do Val da Seara. Os veciños denuncian que non hai medios. "Nin un camión con auga, nin un avión", din.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 20/07/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O gran lume do Courel avanza descontrolado cara o Val da Seara logo de calcinar a fermosa Lagoa de Lucenza e o pico Pía Páxaro, a máis de 1.600 metros de altura. E todo, sen que haxa medios para atallar esta fronte que xa entrou cara o Val da Seara.

Letreiro co roteiro á Devesa da Rogueira. Detrás, xa no fume, a Lagoa de Lucenza
Letreiro co roteiro á Devesa da Rogueira. Detrás, xa no fume, a Lagoa de Lucenza | Fonte: Sechu Sende

Alí hai varios voluntarios que tentan atallar as lapas. Son eles os que denuncian a inexistencia de medios. "Non hai camións con auga, nin medios aéreos. Só bulldozers. Cun pouco de auga isto non pasaba", denuncia.

De feito, na tarde noite do martes eran catro os voluntarios que estaban alí que din que cun camión con auga a lagoa non se queimaba. "Pero aquí non hai nada", critican. 

O vento cambiou e, afortunadamente, non foi cara unha das paraxes máis fermosas de Galicia, a Devesa da Rogueira, que aínda está moi ameaza xa que as lapas quedaron mesmo na súa boca. "Se cambia o vento alá vai", din voluntarios a Galicia Confidencial. Agora os lumes consumen outro fermoso val, o da Seara, desde onde parten belísimos roteiros polo Courel. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta