UGT valora a revisión do peche de centrais como a das Pontes en función da necesidade enerxética de España

Por E.P. | VIGO | 20/07/2022 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, considerou que é bo que se revise o peche de centrais nucleares ou térmicas como a das Pontes  en función das necesidades enerxéticas de España.

Así o sinalou o líder sindical este mércores en Vigo tras visitar a factoría que o grupo automobilístico Stellantis ten na cidade. Preguntado polos medios de comunicación sobre a posible reapertura de dita central galega, Álvarez indicou que UGT sempre foi "moi crítico" coa política do Goberno de Pedro Sánchez en relación co peche das centrais.

"Pensamos que tería que facerse máis aos poucos e pensabámolo non só porque é necesario facer un proceso de transición que recupere o emprego nas zonas onde están as centrais, senón porque ademais o país non llo pode permitir, como vimos agora", subliñou.

Neste sentido, explicou que a invasión de Ucraína fixo que esta cuestión fose máis evidente, pero xa con anterioridade prevíase que podería haber problemas. Por iso, reiterou que é bo que se revise o peche das centrais, aínda que tamén destacou a importancia de seguir avanzando cara á enerxía verde, pero sempre sendo conscientes da necesidade enerxéticas do país.

Todo iso despois de que este pasado martes, UGT e CC.OO. se reuniran con representantes do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico para tratar o tema da reapertura da central das Pontes, ante a situación provocada polo encarecemento do gas. Unha decisión que previsiblemente se tomará a finais desta mesma semana.

Reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes
Reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta