A Xunta insiste en responsabilizar ao Goberno central da falla de médicos: "non é consciente da urxencia"

Insiste na convocatoria dun exame MIR extraordinario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2022 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, considerou este mércores que o Goberno central "non é consciente da urxencia" da falta de médicos en España e criticou que non se vaian a "tomar medidas de impacto directo" e "inmediatas" para que "a próxima convocatoria MIR poida contar coas 1.000 prazas máis de medicina familiar e comunitario que precisa o Sistema Nacional de Saúde".

Así o dixo tras participar nunha reunión do consello interterritorial do SNS no que se tratou esta falta de facultativos que motivou o manifesto enviado hai unhas semanas ao Ministerio de Sanidade pola Xunta e o Goberno Vasco, e ao que se sumaron outro cinco comunidades autónomas.

Entre outras cuestións, dixo o conselleiro, no encontro informóuselles de que este xoves comezará aínda a debaterse, nun grupo técnico, a elaboración duns criterios máis flexibles para crear unidades docentes de medicina de familia. "Iso, para nós, supón un atraso inaceptable na situación actual", argumentou.

"O proceso de cambio desta normativa empezou xa en setembro do ano pasado e Galicia trasladou as súas propostas en outubro", subliñou García Comesaña, que lamenta que "nove meses despois o Goberno de España considere que aínda non será posible aplicar estes criterios na próxima convocatoria MIR".

Sen un "cambio inmediato dos requisitos" para acreditar prazas formativas, apunta, "a convocatoria de 2023 vai ser practicamente idéntica á de 2022", e España "non pode permitirse esperar un ano máis sen unha remesa extraordinaria de especialistas en medicina de familia". "O sistema non vai poder soportalo", advirte.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan a nova UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta