O bono cultural do Goberno central para mozas e mozos estará dispoñible a partir do 25 de xullo

Será de 400 euros.

Por E.P. | Madrid | 21/07/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, garantiu que o bono cultural para mozas e mozos de 400 euros estará dispoñible a partir do próximo luns 25 de xullo. Así o anunciou este xoves 21 de xullo Iceta en rolda de prensa desde o Ministerio de Cultura e Deporte, onde sinalou que o vindeiro luns se poderán inscribir no bono todos aqueles mozos que cumpran 18 anos este 2022, que o poderán solicitar ata o próximo 15 de outubro. "Van dispor xa dunha ampla oferta cultural de produtos e servizos", asegurou.

O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, garantiu que o bono cultural para os mozos de 400 euros estará dispoñible a partir do próximo luns 25 de xullo.
O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, garantiu que o bono cultural para os mozos de 400 euros estará dispoñible a partir do próximo luns 25 de xullo. | Fonte: Europa Press

Para solicitar o bono cultural, os mozos deberán obter o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Posteriormente, irase incorporando ao proceso unha Clave Pin.

O bono cultural é unha especie de "cartón moedeiro", no que os mozos, ao longo dun ano, poderán destinar 400 euros a actividades e produtos culturais. Neses 400 euros hai tres segmentos: un de 200 euros de cultura en vivo, 100 euros de consumo cultural físico (libros) e 100 euros para o consumo de produtos dixitais.

Respecto da subscrición ás plataformas en dixitais co bono cultural, Iceta explicou que a subscrición será de "máximo catro meses" pero que "ninguén prohibe ás plataformas regalar máis meses" dos pagos co bono.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta