Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 17:35
O sindicato FTSP-USO denunciou o intento de agresión cun coitelo a un médico do Hospital do Salnés, que esixía ser examinado. Ademais, o paciente esnaquizou "o que atopou ao seu paso" na zona de recepción de urxencias do complexo hospitalario.
O sindicato puxo de relevo que no momento do ocorrido "un único vixiante de seguridade estaba de servizo" e este, xunto co resto do persoal, "só puido refuxiarse ata a chegada de varias patrullas dos Corpos de Seguridade do Estado".
Tras reducilo a policía, o home foi sedado e pasou a noite en urxencias, para posteriormente ser trasladado ao Hospital de Pontevedra. Insisten en que xa advertiron en diferentes ocasións das "graves deficiencias en número de efectivos de vixilancia" en toda a área Sanitaria e do risco que isto supón para a seguridade de usuarios e persoal sanitario.
Solicitaron ademais a actualización dos protocolos de seguridade e unha reunión co Sergas para abordar unha implementación de persoal e medios de defensa ante a actual repunta de agresións no centro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.