O alcalde de Santiago manterá o radar do Restollal malia a sentenza xudicial que o cuestiona

Bugallo defende que "non hai ningunha sentenza que obrigue á súa paralización".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/07/2022 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que o radar do Restollal seguirá en funcionamento a pesar da recente sentenza xudicial que cuestiona a súa operatividade. Así se expresou a preguntas en relación coa sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, que falla a prol do condutor dun vehículo denunciado por exceso de velocidade neste tramo da capital galega en novembro de 2021.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022 | Fonte: César Arxina - Europa Press - Arquivo.

Nela, cuéstionase que o cinemómetro "sexa capaz de detectar, seguir e identificar inequivocamente o obxectivo durante todo o proceso de medición". Segundo se extrae da sentenza, esta incapacidade de seguimento do vehículo débese a que o radar "só ten unha cámara".

Ante este ditame, Bugallo declarou que tanto este radar como o de Conxo, que funcionan co mesmo sistema, vanse " manter en funcionamento" porque "non hai ningunha sentenza que obrigue á súa paralización". Ademais, o primeiro edil mostrouse "sorprendido" polo que apunta o fallo en relación coa existencia dunha soa cámara: "Non coñecía que os radares tivesen dous cámaras".

"Podo asegurar que todas as cámaras de Santiago están homologadas e sometidas a un procedemento de control e revisión", afirmou Bugallo. Igualmente, destacou que os cinemómetros "cumpren a súa función" e reduciron a velocidade dos vehículos e o índice de sinistralidade do centro urbano de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta