A metade das empresas tecnolóxicas galegas realiza actividades innovadoras

O gasto en innovación en Galicia do Hipersector TIC ascendeu neste período a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2022 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O 48,9% das empresas tecnolóxicas de Galicia con 10 ou máis persoas empregadas realizaron actividades innovadoras no período 2018-2020, segundo os datos da enquisa de innovación e I+D realizada polo Instituto Nacional de Estatística. No conxunto do tecido empresarial, a porcentaxe de empresas innovadoras foi dun 22,5%.

Entre as empresas do Hipersector TIC que realizaron innovacións, informou a Xunta, no 89,1% dos casos eran innovacións tecnolóxicas de produto e as 91,5% innovacións tecnolóxicas de proceso. O gasto en innovación en Galicia do Hipersector TIC ascendeu neste período a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna.

Ademais, o 34,7% das empresas do Hipersector TIC innovadoras declaran que as súas actividades innovadoras tiveron impacto na cifra de negocios, das cales o 9,6% son innovacións no mercado e o 25,1% só para a propia empresa. Estes datos foron recollidos nos estudos 'Galicia dixital. O Hipersector TIC en Galicia' e 'Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia', publicados polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica.

PRODUTOS COMERCIALIZABLES

En 2021, o 70% das empresas tecnolóxicas galegas que realizaron actividades de I+D+i obtivo resultados comercializables, o que supón un incremento do 2,5% respecto ao ano anterior. Por actividade, as empresas que realizaron máis actividades de I+D+i son as pertencentes ao subsector das Manufactureiras TIC, cun 50%, seguidas das empresas dedicadas a 'Actividades informáticas', cun 36%.

Do mesmo xeito, tamén se incrementa a porcentaxe de empresas do sector TIC galego que nos tres últimos anos introduciron produtos novos ou mellorados no mercado, pasando dun 28% a un 34,4%. O aumento esténdese aos servizos novos ou mellorados producidos polas tecnolóxicas galegas, dun 38,4% a un 42,8%. No 2021 segue predominando a presenza masculina nas tarefas de I+D+i das empresas tecnolóxicas, xa que existen catro homes por cada muller nese departamento. As mulleres representan o 19% dos empregados en I+D+i, fronte a un 81% de homes.

Xuntanza de traballo nunha empresa tecnolóxica
Xuntanza de traballo nunha empresa tecnolóxica | Fonte: Gigas Hosting

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta