O ecoloxismo galego tacha de "errática e irresponsable" a política ambiental e forestal da Xunta

A Federación Ecoloxista Galega reclama medidas para "frear os incendios forestais" e "enfrontar a emerxencia climática".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), que reúne a 14 asociacións ecoloxistas de toda Galicia, reclamou á Administración medidas para "frear os incendios forestais" e "enfrontar a emerxencia climática". Nun comunicado, lamentou que os incendios que se viven nos últimos días en Galicia eran "predicibles", xa que se coñece "sobradamente" que existen patróns de comportamento do sistema meteorolóxico que o fan "máis agresivo cada vez".

Ante esta situación, a FEG asegurou que leva "moitos anos" demandando á Administración que "se tome en serio" a emerxencia climática. Sobre isto, pediu que se preserven as formacións naturais protectoras das sucesións ecolóxicas e dos recursos hídricos. Ademais, denunciou que solicitaran unha política forestal "ambientalmente responsable", pero a Administración "aprobou un Plan Forestal renovado que favorece a expansión das especies pirofóricas, as que arden e axudan á extensión dos incendios forestais".

Para a FEG, estes incendios constitúen "un fracaso" de todo o conxunto da poboación, pero tamén son o resultado "dunha política ambiental, forestal e de control do lume erráticas e irresponsables". Así, sinalou que é necesario "facer autocrítica" e indicou que existen "responsabilidades con cargos e nomes concretos".

SOLIDARIEDADE COS POBOS AFECTADOS

Así mesmo, as asociacións ecoloxistas mostraron a súa preocupación e solidariedade cos habitantes das zonas dos incendios do último mes e tamén con todas as persoas que "están a realizar un inmenso esforzo, carecendo dos medios imprescindibles para conter o avance do lume".

"Compartimos a dor pola perda de fogares e de recursos dos habitantes da zona, polos danos físicos e morais, pola destrución dos ecosistemas máis valiosos: o Courel, a Serra da Enciña da Lastra, o Invernadeiro; bosques míticos onde se atopaban algúns dos últimos refuxios de biodiversidade", lamentou a Federación.

Agora, esixen actuacións á administración e que empece xa a planificar os traballos de protección dos chans nas áreas queimadas "antes de que sexan arrasados pola erosión" e a restauración dos ecosistemas destruídos. "Esiximos políticas forestais protectoras, que rebaixen a combustibilidade do monte, que proporcionen recursos diversificados no rural. É o noso futuro", concluíu.

Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio.. Carlos Castro - Europa Press
Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Xosé

Parece que a única opción que nos programa o futuro é ver arder o monte irremediablemente ano tras ano. Eso é a realidade dura, pero real. Todos os anos gantanse toneladas de euros en extinción de incendios. Si todo ese diñeiro fose invertido en PREVENCIÓN, poco a poco, os resultados serían distintos. O monte produciría moito mais, estaría limpio, animaría e facilitaría á xente do rural a traballar mais o campo e crearía emprego ptas brigadas que estarían todo o ano traballando. Este razonamento é pura e sencilla lóxica. Podería argumentar moito mais profundamente esta idea da Prevención..... O lamentable é que neste mundo a idea que EU teña, seguramente compartida por miles de cidadans, non significa nada. O triste do asunto é que este mundo manexano as grandes multinacionales, a Banca e 4 perturbados mentais mais.... Non teño mais que dicir.

1 Gamela

lamentablemente este Proxecto de Recuperación non mereceu a atención de ningún partido político nin siquera de Esquerda Unidad (?) http://gamela00.blogspot.com/2020/1... Será que todos están felices vivindo detrás das pantallas das RR.SS. ? Será...

1 Concha.

Non só son as especies forestais nin a falla de medios.Dito por un bombeiro experimentado a coordinación entre todos os partícipes e fundamental: limpeza dos montes,arboolado preto das casas,falla de ovellas e cabras pastando e sobre todo aldeas valeiras e donos lonxe que só veñen no verán nas vacacións.