Volven as multinacionais e fondos de investimento á sanidade galega?

Ribera Salud, propietario dos hospitais Povisa, Polusa e Juan Cardona, nega que un holding francés se teña feito co seu control tras cambios no accionariado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/07/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

"O cambio no accionariado -a saída de Centene Corporation e a entrada de Vivalto Santé- prodúcese a nivel do holding europeo, na sociedade Primero Salud S.A., da que forman parte Ribera e os proxectos de Centro Europa, e en nada afecta á xestión, os profesionais nin á atención sanitaria dos centros". Deste xeito o grupo Rivera Salud tenta xustificar a venda de activos de tres dos seus centros hospitaliarios, Povisa, Polusa e Juan Cardona a unha multinacional francesa.

Fachada do Hospital Povisa de Vigo. CEDIDA - Arquivo
Fachada do Hospital Povisa de Vigo. CEDIDA - Arquivo

Este luns o grupo hospitalario anunciaba cambios no accionariado coa operación de compra das accións de Centene Corporation por parte do grupo sanitario francés Vivalto Santé. Un movemento que Rivera Salud di que se produce a nivel do holding europeo de Centene, Primero Salud S.A. e "en nada afecta á xestión dos centros sanitarios nin a outras sociedades ou divisións do grupo en ningún sentido".

O grupo Ribera reitera nun comunicado que estes cambios no accionariado "en nada afectan á xestión diaria dos centros sanitarios nin ao doutras sociedades e divisións estratéxicas". O obxectivo desta operación "foi e é continuar co crecemento e diversificación do modelo de saúde responsable que lidera Ribeira, agora en alianza coa compañía francesa con quen comparte obxectivos, valores e un ámbito xeográfico moi próximo".

Nin Xunta, nin traballadores foron informados destes movementos accionariais. Hai temor a que o grupo pase a mans de fondos de investimentos que o que pretenden é sacar rendementos económicos sen avaluar o impacto social que isto ten. De feito, o Sergas ten importantes convenios cos centros de Rivera Salud para realizar operacións neles. Convenios cos que esta empresa sanitaria obtén grandes beneficios económicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta