Galicia identificará os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública e avisará os seus donos

A conselleira de Medio Ambiente avanza unha modificación normativa que se efectuará coa lei de acompañamento aos orzamentos de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A Xunta proporá unha reforma da lei galega de benestar animal de modo que se identifique aos animais de compañía que aparezan mortos na vía pública e se notifique aos seus donos. Así o anunciou este martes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita realizada á protectora Gatocan, en Coirós.

Desde alí, incidiu en que o obxectivo deste cambio é "reforzar" a lei autonómica de protección e benestar animal, aprobada en 2017, para comprobar a identificación das mascotas que aparezan falecidas na rúa a través da lectura do microchip. A modificación normativa, tal e como detallou Vázquez, farase a través da lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2023.

Así, comunicarase a morte dun animal aos seus propietarios, quen terán "a obrigación" de facerse cargo da xestión e tratamento dos seus restos, segundo advertiu a conselleira: "De maneira que eles lle dean esa despedida adecuada que todos queremos para o que consideramos a nosa familia". 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita a protectora Gatocan, en Coirós (A Coruña).. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visita a protectora Gatocan, en Coirós (A Coruña).. XUNTA | Fonte: Europa Press

A maiores, a reforma facilitará que os donos poidan comunicar ao rexistra a baixa da mascota e permitirá avanzar na investigación de posibles roubos. A Xunta destaca que, con esta decisión, "faise eco" dunha "demanda" de asociacións protectoras de animais de compañía, que, como a que visitou este xoves, levan incidindo na importancia do crecente vínculo que existe entre as mascotas e os seus donos.

AXUDAS A PROTECTORAS E CONCELLOS

Ademais, desde as instalacións de Gatocan, a conselleira de Medio Ambiente lembrou que este ano se convocaron axudas por importe de 400.000 euros para apoiar concellos e asociacións protectoras no coidado e atención dos animais domésticos abandonados. No caso das entidades locais, as subvencións, que contan cun orzamento de 230.000 euros, destínanse a gastos de esterilización, vacinación, identificación, rexistro dos exemplares e compra de alimento.

No que respecta ás asociacións protectoras, o financiamento de 220.000 euros cobre os mesmos gastos que nas administracións locais e, ademais, pódese destinar a campañas de sensibilización e compra de material, 'software' e dispositivos electrónicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta