Convocan unha marcha contra os proxectos eólicos de Greenalia na Limia

O percorrido, circular e de dificultade baixa, será de 5,6 quilómetros entre a aldea de Feás e o pico da Aguioncha, e terá lugar este domingo, 31 de xullo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2022 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A loita contra a "invasión eólica" nas comarcas do sur ourensán faise forte e organiza para esta próxima fin de semana a I Marcha en Defensa da Aguilloada, organizada pola plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova e que partirá desde a aldea de Feás o domingo, 31 de xullo, ás 9:30 horas da mañá.

Marcha contra a instalación dun parque eólico con aeros de 180 metros na Monte da Casa da Neve
Marcha contra a instalación dun parque eólico con aeros de 180 metros na Monte da Casa da Neve | Fonte: Stop Eólicos Xurés - Celanova

A Aguioncha é unha montaña senlleira entre os vales do Sil e do Limia que se ve ameazada pola instalación do polígono eólico Lamas de Feás, proxectado por Greenalia con 7 aeroxeradores de 200 metros de altura e unha perimetral que incluiría as aldeas de Pintas e O Silvoso. Toda a contorna, desde as aldeas de Tosende e Meaus (Baltar), Fontearcada e Covas (Os Blancos), Serois, Lobás, Pintás, Lomear, O Silvoso, Padroso e Feás (Calvos de Randín), quedaría afectada por unha instalación que prevé unha ampliación cara o sur (polígono Lamas II) e cara o leste (polígono de Serra de Gomariz), así como pola liña de alta tensión que arrancaría nestas montañas e percorrería 42 quilómetros atq o Miño na Frieira (concello de Padrenda), con afeccións a 8 concellos.

"Na defensa das augas, do patrimonio, da paisaxe e do medio natural e a fauna da Aguioncha e Pena Loba", Stop Eólicos Xurés Celanova convoca á veciñanza da Limia e das comarcas da Baixa Limia e Terra de Celanova a unha mobilización que dá continuidade ás celebradas en defensa do Monte da Casa da Neve, en Celanova o pasado setembro de 2021, e do Monte Grande, en outubro de 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta