Atopan obxectos para prender lume nun conato de incendio no distrito forestal de Santiago

Atoparon unha pastilla para acender lume cun sistema retardado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Axentes ambientais da Xunta, adscritos á Consellería do Medio Rural, localizaron indicios de intencionalidade nun conato de incendio forestal rexistrado en días pasados no distrito forestal III (Santiago-Meseta Interior).

En concreto, segundo trasladou a Consellería, os profesionais atoparon unha pastilla de aceso cando procederon a refrescar a zona na que se produciu un pequeno conato, o que "indica unha claraintencionalidade".

Agora, os especialistas da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) realizan investigacións para tratar de identificar á persoa responsable. A localización deste indicio súmase aos atopados recentemente nos distritos forestais XVIII (Vigo-Baixo Miño) e no distrito XIX (Caldas-O Salnés).

No primeiro caso, os axentes de UIFO localizaron unha cabicha provista dun sistema de ignición concibida para ser despostada no monte e acender lume de maneira retardada e, no segundo, foron papeis de xornais amontoados, colocados no punto de orixe do lume, que descubriron tamén os directores de extinción do incendio.

Indicios de intencionalidade nun incendio forestal no distrito forestal de Santiago.. XUNTA
Indicios de intencionalidade nun incendio forestal no distrito forestal de Santiago.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta