Rueda: "Hai algo máis rancio que as políticas socialistas que nos levan a ser pobres?"

"Os que teñan ganas, forzas e se queiran arriscar terán todos un sitio nas nosas candidaturas", di aos mozos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, criticou este sábado as políticas do Goberno central: "Hai algo máis rancio que esas políticas socialistas, pretendidamente progresistas, que estamos a ver que non nos levan a outra cousa que a ser máis pobres, a ter a maior inflación da UE?".

Na clausura do Día do Afiliado de Novas Xeracións, celebrado no municipio ourensán de Cenlle, Rueda avisou do: "Optimismo en vea que nos queren meter cando sabemos que as cousas están bastante mais complicadas do que nos queren facer ver".

Así, reproba que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, compareza para dicir: "Ide todos por aí tranquilos porque todo está moi ben e non hai de que preocuparse". "Pois si que hai cousas das que preocuparse e si que hai cousas para as que prepararse, e por iso estamos aquí", apunta.

Igualmente, o líder dos populares galegos referiuse a a reunión mantida esta semana co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para avisar de que estará "vixiante" respecto de diferentes compromisos en materias como os proxectos e o futuro de Altri e Stellantis, entre outros.

APOIO DOS MOZOS

Por outra banda, Alfonso Rueda comprometeu que as candidaturas do PP ás municipais contarán coa presenza da xente nova. "Seguiremos contando cos mozos para facer boa políticas desde as institucións", afirma. "Os que teñan ganas, forzas e se queiran arriscar terán todos un sitio nas nosas candidaturas", garante.

"Pídovos que sigamos traballando como ata agora, que eses 300 días a partir de mañá os aproveitemos ben, é fundamental o resultado que teñamos. Vimos de catro maiorías absolutas que non veñen de que os mozos voten ao Bloque e os vellos ao PP, ao PP vótalle todo o mundo cando se dá conta de que as nosas ofertas valen algo, merecen a pena e son merecedoras dunha aposta", resalta.

Nun acto acompañado, entre outros, polo presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, e polo presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, erixiu á organización xuvenil dos populares como "a máis importante e comprometida de Galicia".

Alfonso Rueda intervén nun acto de Novas Xeracións, en Cenlle. PP
Alfonso Rueda intervén nun acto de Novas Xeracións, en Cenlle. PP | Fonte: Europa Press

INTERVENCIÓN DE BALTAR

Na clausura do acto, tamén tomou a palabra o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen afirmou que o traballo dos mozos "é fundamental neste partido", "o que máis se parece a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lad

É ben sabido que as políticas económicas neoliberais fan máis pobre a maioría da poboación. O pp ten moita experiencia arruinando a poboación no pasado recente.