Denuncian que a propietaria de Cobre San Rafael non sofre as restricións de auga en Touro

Marea Veciñal de Touro critica que o concello limita o uso de auga doméstica mentras lle da vía libre a Explotaciones Gallegas para o seu uso ilimitado.

Por Galicia Confidencial | Touro | 31/07/2022 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Touro emitiu op asado 13 de xullo un bando no que informaba á veciñanza da necesidade de reducir o consumo de auga xa que o caudal dos bombeos e captacións do abastecemento municipal  eran inferiores ao caudal consumido. Dúas semanas despois  e logo dunha ola de calor, a situación incluso empeorou e obligou ao concello a instalar de urxencia un pequeno equipo de bombeo  augas arribas do punto de captación, ante a falta de caudal no río, que non logra satisfacer as necesidades da veciñanza.

Caudal dun río en Touro
Caudal dun río en Touro | Fonte: Movemento Veciñal de Touro

Sen embargo esta situación de imposición de restriccións de auga no uso doméstico contrasta co "trato de favor" que, segundo Movemento Veciña de Touro, recibe a empresa Explotaciones Gallegas (EXGA, principal propietaria de Cobre San Rafael) por parte do goberno do concello de Touro. Na actualidade, EXGA  fai uso dunha concesión da vella explotación de Río Tinto de extracción de augas para un suposto uso mineiro. O punto de captación é no mesmo lugar que o do abastecemento municipal no río Lañas. 

"O que chama poderosamente a atención é que a empresa fai extracción das augas sen existir control de caudal por parte de Augas de Galicia nin do propio concello", denuncia este partido. Concretamente ten instalados dous equipos de bombeo con capacidade de extracción de 100.000 litros/hora cada un.

Neste sentido, critica que a captación do concello para o abastecemento municipal está situada nun nivel máis elevado que a de EXGA, polo que en episodios de baixo caudal do río, como o actual, a extracción de auga por parte da empresa deixa a captación do concello sen auga.

Por iso, considera que este situación "é unha mostra máis do clientelismo e dependencia" que ten o goberno municipal con dita empresa. "Supón un trato discriminatorio para a veciñanza que ve como mentres non poden regar as hortas hai unha empresa amiga do concello que consume todos os recursos hídricos e non paga nin un euro, ao mesmo tempo que pon en perigo a dispoñibilidade de auga para o consumo humano", denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta